PUNSET: Analizaches un lugar que che
resultaba moi interesante, porque ao parecer é un exemplo de como a Terra pode
xurdir, chegar á madurez, e despois entrar en decadencia...Estou falando das
illas de Hawaii. Por que te fascinaban tanto as illas de Hawaii?
FORTEY: Ben, quería ir a Hawaii por dous
motivos. O primeiro é que alí pode verse como se forma a Terra: a nova Terra,
porque é lugar de erupción volcánica continua, onde o material do manto, o
material profundo, aflora á superficie para crear a nova superficie da Terra.
Ese é o primeiro motivo.
O segundo é que desde alí vese toda a evolución
en cadea de illas hawaianas, o que che dá certa idea do tempo xeolóxico. En Big
Island, como se chama agora. Incluso mentres falamos, nova lava sae ao
exterior...crece.
Pero as outras illas da cadea de Hawaii, que
agora son volcáns mortos, están afundindo polo seu propio peso, en parte, e tamén
como consecuencia da erosión: mergúllanse no mar. E cando chegas á illa máis
remota é algo temporal, xeoloxicamente, unha maneira de ver o tempo xeolóxico e
interpretalo no seu conxunto, se queres, dun modo explícito.
PUNSET: ...de obter unha visión sobre o que
pasa en millóns de anos.
FORTEY: Pero só uns poucos millóns de anos;
todo isto aconteceu nuns poucos millóns de anos. E tamén está a relación entre
a vida de Hawaii, que por suposto era extremadamente remota e evolucionara in
situ para xerar especies propias, e a introdución do home e das súas pragas...
PUNSET: E outras especies.
FORTEY: E doutras especies: de novo podes
observar como funciona unha extinción nun microcosmos. De maneira que podería
dicirse que nos evoca unha imaxe do que pode estar sucedendo no mundo. É un
lugar extremadamente evocador! Coido que algúns dos paxaros extinguidos se
contaban entre as aves máis fermosas que xamais existisen, coa súa fabulosa
plumaxe...En certo xeito, cando temos unha illa cun bo clima e en condicións de
illamento, ábrese unha caixa de Pandora de oportunidades evolutivas.
PUNSET: E que pasará? Que cres? Que pensan os
paleontólogos ou psicólogos cando teñamos outra vez os continentes unidos? É
dicir...haberá menos diferenciación entre especies?
FORTEY: Si. Vexamos, a época da última Panxea
foi a última vez na historia do planeta na que só unha especie podería, con
"relativa" rapidez, desprazarse máis ou menos por todo o mundo. De
tal meneira que se, unha das consecuencias da unificación de todos os
continentes é a disparidade, a diferenza entre as distintas partes do mundo
redúcese inevitablemente, porque hai vía libre.
PUNSET: E os depredadores atraparante alá por
onde vaias, non?
FORTEY: Si, podería haber un superdepredador
que cazase por todo o continente. Supoño que isto será teórico para o ser
humano, cando se produzca, en cen millóns de anos ou así...pero vaia,
recordemos que a época da última Panxea foi tamén un período de extinción
masiva. Foi unha das maiores crisis da historia da vida!
PUNSET: Escoita, outro descubrimento
fascinante foron algúns peixes fósiles nos Alpes, nas montañas dos Alpes de
Suíza, hai xa algúns anos. É outro lugar interesante; por que?
FORTEY: Temos Hawaii, onde a xeoloxía se
expresa na súa máxima simpleza: erupcións simples, xeración de nova
codia...afundimento baixo as ondas. E despois, no outro extremo, temos xeoloxía
verdadeiramente complicada. A xeoloxía complicada está nas cadeas montañosas,
nas cordilleiras.
E un dos principais retos aos que me enfrontei
ao escribir o libros foi decidir un lugar do mundo ao que puidese levar os meus
lectores de viaxe, para intentar empezar a entender como se formaron as
montañas. Escollín unha parte concreta dos Alpes, de novo pola súa tremenda
importancia histórica, chamada Glarus, porque nesa zona descubriuse que as
montañas poden formarse, polas rochas escorregando e impulsándose unhas sobre
outras, volvendo máis grosa a codia terrestre, que despois se eleva porque é
relativamente lixeira.
E isto sucede cando unha placa se encontra con
outra placa. Concretamente, os Alpes son, en último termo, nun sentido
tectónico máis profundo, o resultado do movemento cara o norte de África sobre
Europa.
PUNSET: Xa vexo...
FORTEY: É a liña de pregamento. É fácil
dicilo, pero como facer que a xente o entenda e o sinta? Ben, pois leveinos de
viaxe a esta zona concreta de Suíza. En canto ao peixe que mencionabas, resulta
que era un peixe que vivía a bastante profundidade en vida; e isto pasou hai só
varias decenas de millóns de anos...pero agora vai e acaba, pola tectónica de
placas...
PUNSET: Incrible!
FORTEY: ...totalmente arriba das montañas.
PUNSET: Pero imaxinas? Que pensarían as
persoas que vivían aí, imaxina, hai 200 ou 500 anos, cando viron un peixe aí na
rocha? Que lles pasaría pola cabeza? Que un dragón chegara, ou...?
FORTEY: Ben, houbo moitas explicacións
distintas, pero a preferida durante moito tempo foi que iso era unha proba do
Diluvio Universal. E, por suposto, iso deixaría animais esparexidos por todas
as partes, incluso nas cimas das montañas, porque só o Monte Ararat logrou
sobresaír do océano universal.
Resulta interesante ver como a xente buscou
sempre unha explicación a través do mito, e á ciencia custoulle moito tempo
desmentilo. E, por suposto, continúa habendo xente que o cre... Teño entendido
que máis do 30% dos estadounidenses modernos ao parecer segue crendo no Diluvio
Universal como orixe destes fósiles.
PUNSET: Mencionabas os Alpes como un suceso
xeolóxico que non é tan simple. E recordo que houbo varias sorpresas cando os
xeólogos empezastes a estudar a fondo ese lugar.
E unha delas foi que parecía que os mamíferos,
no rexistro fósil, aparecesen antes ca os réptiles, e iso trastornou a todo o
mundo e forzou a seguinte pregunta: "Tal vez nos equivocamos todo o tempo,
que raio está pasando?
FORTEY: Iso é totalmente certo! Houbo unha
célebre sección rochosa na que...ben, eran contemporáneos aos mamíferos, en
calquera caso. Descubriuse que as rochas inferiores eran máis recentes que as
rochas superiores.
PUNSET: As de abaixo eran máis recentes.
FORTEY: Si. Por suposto, debería ser ao
revés. As rochas máis antigas deberían estas abaixo, e as máis recentes,
arriba. Isto confundiu a xente durante moito tempo! E, certamente, fíxoos
cuestionarse a validez da escala temporal xeolóxica! E despois descubriuse, por
suposto, que, como consecuencia da tectónica, do que pasara, os fósiles máis
antigos víranse empurrados sobre os máis recentes.
Non só unha sección, senón nunha área extensa
dos Alpes. E isto foi crucial para desentrañar como se formaban as montañas!
Porque poden aparecer seccións de rocha de distintas idades
empurradas...superpostas, unhas sobre as outras, por así dicilo. E creando
grandes piares de rocha! E iso podía poñer patas arriba a ciencia xeolóxica
normal, porque as rochas máis antigas progresivamente tendían a sobresaír sobre
as rochas máis recentes.
Así que o que empezou como un paradoxo, e que preocupou moitísimo á xente, acabou converténdose na clave para desentrañar o segredo da complexidade da estructura dos Alpes.
Por Andrea Vega Refojos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario